O NAVAL PARA POLA MORTE DUN TRABALLADOR

O NAVAL PARA POLA MORTE DUN TRABALLADOR

12

 O sector naval volveu saír as rúas un día despois da Folga Xeral, desta vez para protestar pola morte dun compañeiro morto mentres estaba a traballar na madrugada do día 29 de setembro. Este é o dereito ao traballo que defende a patronal: xornadas de 12 horas sen descanso -sexa mañá, tade ou noite- mentres xestionan expedientes de regulación, condicións de seguridade inexistentes e por suposto o dereito a morrer no posto de traballo.A morte deste traballador non fai máis que confirmar a presión e a precariedade á que nos somete o capitalismo, pero ao tempo serviu para que de novo o naval dera mostras da súa combatividade e solidariedade. Que non o esqueza a patronal