SE ES ESQUIROL RECORDA QUE TES DEREITOS

SE ES ESQUIROL RECORDA QUE TES DEREITOS

12

– Dereito a que che alonguen a idade de xubilación ata os 67 anos ou mesmo aos 70, aínda que esteas para o arrastre. Fundamental.

– Dereito a que che suban os anos de cotización para que poidas cobrar menos xubilación. Que non che quiten este dereito.

– Dereito a que che baixen o soldo. Deféndeo.

– Tamén tes dereito a que te despidan se o teu xefe previu perdas (díxollo a bruxa Lola) para o ano que vén. Isto é importante.

– Non esquezas o teu dereito a que o teu xefe se poida saltar o convenio e ofrecerche unhas condicións de traballo individuais por debaixo dos mínimos estipulados en convenio.

– Defende o dereito a que te poidan despedir en catro días, a pesar de que decidises traballar nun día de folga.

– Correspóndeche o dereito a que te despidan por case a metade de diñeiro.

– Dereito a pensar que non imos conseguir nada coa folga. É mellor quedarse quietos e non facer nada. Aguantaremos co que veña e xa está. É polo noso ben.

– Que ninguén che quite a ilusión de herdar a empresa. Estaría bo.

– Tes dereito a poñerte en lugar do empresario. Cantos problemas ten, non como ti, egoísta.

– Non renuncies ao dereito de entregar o teu diñeiro (diñeiro público) aos bancos, para que se poidan facer recortes en gastos sociais e infraestruturas. Para que queremos tantos hospitais ou escolas? O primeiro é a banca, que está a sufrir moito.

– Pero sobre todo, que ninguén che quite o dereito a deixar un mundo peor para os teus fillos, dilapidando os poucos dereitos que nos quedan e que os nosos antepasados conquistaron con sangue, suor e bágoas. Que lles dean por saco, di que si.

Fonte: Internet