GALICIA: OS SALARIOS E PENSIÓNS MÁIS BAIXOS, O RECIBO DA LUZ MÁIS...

GALICIA: OS SALARIOS E PENSIÓNS MÁIS BAIXOS, O RECIBO DA LUZ MÁIS CARO

5

En concreto, en setembro a comunidade suma 444.244 xubilados e a pensión media de xubilación en Galicia encóntrase en 729,22 euros, situándose á cola dos subsidios do resto de comunidades, mentres que a media estatal ascende a 887,65 euros.


Por outro lado as estatísticas reflicten que os galegos cobran un 9% por debaixo da media española.

informe tamén indica que tanto en directivos, coma en mandos intermedios e empregados, a brecha salarial en Galicia respecto a media española aumenta canto máis baixo sexa o nivel dentro da empresa. Así, mentres que entre os directivos é do 1,9 por cento, nos mandos intermedios ascende o 7,5 por cento (37.667 euros anuais na media nacional fronte aos 34.842 euros da galega) e alcanza o 9 por cento no caso dos empregados (22.346 euros anuais de media nacional fronte aos 20.330 euros en Galicia).

Como se ve os petos dos galegos e galegas están escuálidos, mentres os prezos non paran de subir. O último incremento importante producirase no recibo da luz que subirá un 4,8%, o que supón un incremento acumulado dun 30% nos 3 últimos anos.

O Ministerio de Industria prégase, unha vez máis, aos intereses empresariais ao anunciar a desproporcionada e inxustificada subida eléctrica de outubro, e faino a costa de lesionar os intereses económicos e os dereitos dos usuarios.

En plena crise económica, onde se demanda e obriga a un constante sacrificio aos traballadores/as, as empresas e os grandes empresarios fan o seu agosto con ganancias que baten marcas.