QUEN PAGA AS FACTURAS?

QUEN PAGA AS FACTURAS?

8

Uns ricachos nun restaurante comen unha mariscada, márchanse sen pagar e o xerente do establecemento obriga a pagar a factura, a escote, entre os camareiros/as.En síntese esta é a metáfora da crise. Unha crise que todos coinciden en que é culpa da avaricia capitalista pero que o goberno (o xerente) obriga a pagar a todos os traballadores/as. Uns ricachos nun restaurante comen unha mariscada, márchanse sen pagar e o xerente do establecemento obriga a pagar a factura, a escote, entre os camareiros/as.En síntese esta é a metáfora da crise. Unha crise que todos coinciden en que é culpa da avaricia capitalista pero que o goberno (o xerente) obriga a pagar a todos os traballadores/as. Uns ricachos nun restaurante comen unha mariscada, márchanse sen pagar e o xerente do establecemento obriga a pagar a factura, a escote, entre os camareiros/as.En síntese esta é a metáfora da crise. Unha crise que todos coinciden en que é culpa da avaricia capitalista pero que o goberno (o xerente) obriga a pagar a todos os traballadores/as. Uns ricachos nun restaurante comen unha mariscada, márchanse sen pagar e o xerente do establecemento obriga a pagar a factura, a escote, entre os camareiros/as.En síntese esta é a metáfora da crise. Unha crise que todos coinciden en que é culpa da avaricia capitalista pero que o goberno (o xerente) obriga a pagar a todos os traballadores/as. A menciña que se quere aplicar para solucionar a crise é a tradicional, menos gasto público que inclúe a privatización da administración pública, menos gasto social, máis impostos indirectos, flexibilidade total nas relacións laborais… , en definitiva consistente en que a factura a paguemos entre todos/as. Mentres as grandes fortunas, o capital especulativo, a banca… fai o seu agosto.Son tan radicais as medidas que se están a tomar que, se non damos a resposta que a situación merece, acabaremos, incluso, por pagar por traballar, os primeiros pasos xa se dan nesta reforma que contempla as ETT’s con ánimo de lucro.Estamos nunha encrucillada onde a decisión e as accións que tomemos determinarán o devir dos nosos dereitos laborais económicos e sociais. Si optamos pola pasividade as medidas que nos virán enriba serán cada día máis prexudiciais. Si optamos pola mobilización estamos no camiño de paralizalas, e organizándonos poderemos acadar melloras no futuro..A inacción de moitos anos fai que a ferramenta da mobilización este enferruxada, compre engraxala para, de novo, demostrar aos capitalistas, aos que gobernan que antes de tomar medidas que nos afecten teñen que contar coa nosa aprobación.A maquinaria mediática do poder xa se puxo en marcha, acusan aos sindicatos de falta de responsabilidade por convocala folga (parécelles moito unha resposta descafeinada cando noutros países, Francia leva, no que vai de ano 4 folgas xerais contra o incremento de anos para ter dereito á pensión, e xa non digamos Grecia…). Fálase da violencia dos piquetes, os empresarios, pobriños, teñen medo, pídenlle ao goberno “unha liña.quente” na que denunciar actos violentos. Avógase por uns servizos mínimos que sexan, unha vez máis, máximos…Intentan por todos os medios dar a imaxe de que a folga vai ser un fracaso coa única finalidade que o desanimo nubre a decisión de traballadores/as, porque temen que a folga sexa un éxito.Esta campaña non pode determinar a decisión que tomemos o día 29 de setembro, á folga imos por convicción, porque queremos defendernos de todas as medidas que nos queren impoñer, porque estamos no fío da navalla, o que quere o capital é derrotarnos definitivamente para, dese xeito, ter vía libre para medidas moito máis prexudiciais.Somos, tamén, conscientes de que un só día non cambiará as cousas, detrás do día 29 teñen que vir outras accións que posibiliten un cambio nas decisións xa tomadas desde o poder político, si non demostramos o noso poder de mobilización seguirá gobernando o FMI e o BCE.O 29 S TODOS/AS Á FOLGA XERAL!