A REFORMA LABORAL MOSTRA A SÚA CARA. A DESTRUCIÓN DE EMPREGO BATE...

A REFORMA LABORAL MOSTRA A SÚA CARA. A DESTRUCIÓN DE EMPREGO BATE MARCAS

8

 Segundo as cifras da Consellería de Traballo, durante o pasado mes de agosto preto de 29 traballadores foron despedidos ao día na Comunidade por medio de Expedientes de Regulación de Emprego (ERE).

O número de ERE presentados en Galicia crece durante agosto ata afectar a 6.603 traballadores no que vai de ano.

A provincia galega que máis expedientes deste tipo rexistrou en agosto foi Pontevedra, onde se contabilizaron un total de 26 ERE, que afectaron a 296 traballadores, o que se traduce en 9 despedimentos diarios.  Aínda que na provincia da Coruña a Consellería de Traballo contabilizou 22 ERE, catro menos que Pontevedra, e un 12,87% máis que os rexistrados durante o mes de xullo, estes afectaron a un total de 445 traballadores, unha cifra moito máis alta que a rexistrada na provincia pontevedresa.

Na tendencia contraria situouse a provincia de Ourense, onde se tramitou un expediente durante o mes de agosto, que afectou a catro traballadores. Así, en total, dende comezos de 2010, preto de 270 ourensáns víronse afectados por esta medida. Na provincia de Lugo, presentáronse neste departamento da Xunta de Galicia un total de catro expedientes reguladores, que afectaron a 104 traballadores, ao pasar dos 282 despedimentos durante o mes de xullo aos 386 en agosto do actual exercicio.  Do total de ERE presentados na comunidade galega durante agosto, 531 resolvéronse, mentres que 45 seguen en proceso de tramitación e 18 foron desistidos.  Dos 6.603 traballadores afectados en Galicia, máis de 880 viron extinguido o seu contrato, mentres que a 5.041 empregados galegos lles foi suspendido e 321 sufriron unha redución de xornada.  Coa súa frialdade as cifras poñen de manifesto a deriva que tomou o emprego na nosa nación.  As estatísticas sacan á luz un problema estrutural dun sistema, que intenta rexenerarse a base de precarizar a vida dos máis débiles, da clase obreira. Para nós, traballadores e traballadoras, só hai dúas alternativas, ou nos sometemos ou nos rebelamos, desde a CUT animámosvos á rebelión contra un sistema inxusto que se fundamenta na explotación máis vil.  O 29 DE SETEMBRO TODOS/AS Á FOLGA!