MADRID, VALENCIA E GALICIA OS PEORES SERVIZOS SANITARIOS. POR QUE SERÁ?

MADRID, VALENCIA E GALICIA OS PEORES SERVIZOS SANITARIOS. POR QUE SERÁ?

7

          Constátase o incremento continuado dos orzamentos destinados á sanidade privada en detrimento da sanidade pública mediante concertos, derivando incluso os hospitais de nova creación á xestión privada. Destácase, tamén o incremento desorbitado do gasto farmacéutico, gasto incrementado porque Galicia é a comunidade que menos medicamentos xenéricos prescribe. Este gasto repercutirá directamente no futuro da sanidade pública, propiciando a súa quebra. As eivas orzamentarias debido á estes factores sinalados repercuten directamente nos usuarios/as dos servizos de saúde, isto nótase directamente no incremento das listas de agarda, listas que se lle presentan á opinión pública convenientemente maquilladas pero que a sociedade sabe que non son certas. Xa nas etapas anteriores de goberno do PP Galicia foi pioneira na implantación das fundacións sanitarias que por falta de recursos, a súa orientación empresarial e a ausencia de controis, crearon graves problemas asistenciais, irregularidades na adxudicación de contratos a empresas e profesionais, afíns ao poder, o favoritismo na contratación de persoal e o incremento do endebedamento do sistema… Nesta nova etapa a xestión do PP camiña directamente á privatización utiliza para elo, xustificándoo na situación de crise, a descapitalización do SERGAS. Reduciuse o gasto sanitario en 23 millóns de euros, o investimento nun 30% e o gasto corrente noutros 22 millóns, ademais de conxelarse o presuposto de Persoal polo que non se renovaron os contratos a 100 médicos nin se crearon as 485 prazas presupostadas para Centros de Saúde, das que 94 eran de médicos. Tamén se rescindiron os acordos alcanzados cos sindicatos para a entrada en vigor a Carreira Profesional. Reduciuse, tamén, o presuposto de atención primaria nun 5% paralizándose, tamén, o seu plan de mellora, mantéñense as restricións ás probas diagnósticas dos médicos de familia… Froito desta política de restricións as listas de espera eternízanse e os doentes derívanse aos hospitais privados que é do que se trata e se quere.