29-S, O PRIMEIRO PASO

29-S, O PRIMEIRO PASO

10

 A CUT leva defendendo a necesidade dunha Folga Xeral dende hai máis de dous anos, cando xa o sistema capitalista daba mostras de quen ía pagar as súas débedas. Unha resposta contundente entón tería servido para evitar as medidas contra o proletariado que agora toman sen pudor algún. A CUT leva defendendo a necesidade dunha Folga Xeral dende hai máis de dous anos, cando xa o sistema capitalista daba mostras de quen ía pagar as súas débedas. Unha resposta contundente entón tería servido para evitar as medidas contra o proletariado que agora toman sen pudor algún. A CUT leva defendendo a necesidade dunha Folga Xeral dende hai máis de dous anos, cando xa o sistema capitalista daba mostras de quen ía pagar as súas débedas. Unha resposta contundente entón tería servido para evitar as medidas contra o proletariado que agora toman sen pudor algún. A CUT leva defendendo a necesidade dunha Folga Xeral dende hai máis de dous anos, cando xa o sistema capitalista daba mostras de quen ía pagar as súas débedas. Unha resposta contundente entón tería servido para evitar as medidas contra o proletariado que agora toman sen pudor algún. A CUT leva defendendo a necesidade dunha Folga Xeral dende hai máis de dous anos, cando xa o sistema capitalista daba mostras de quen ía pagar as súas débedas. Unha resposta contundente entón tería servido para evitar as medidas contra o proletariado que agora toman sen pudor algún.A convocatoria do 29 de setembro non é a da folga que nós quereriamos, sabémolo ben. Os que tiñan máis responsabilidade que nós á hora de mostrarse enérxicos (UGT, CCOO), optaron por agocharse nos despachos da patronal e do goberno para simular un proceso negociador que tiña como fin unha derrota anunciada, a CIG optou por facer seguidismo do que lle ditaban dende Madrid. Agora convocan esta xornada de folga reaccionando coma os nenos cando lles quitan un xoguete, pero por moito que berren ou choren xa non van recuperar a pelota. O día 29 convocan unha folga para lavar a conciencia diante das súa afiliación e para xustificar a necesidade dos seus sindicatos, en ningún caso propoñen este día coma unha xornada na que se inicie un camiño de loita sen retorno. Para eles todo acaba nese martes, para nós todo comeza.Dende a CUT sabemos ben que esta folga esta mal convocada porque a reforma laboral é só unha escusa, xa que é realidade. Tamén o serán a reforma das pensións e outros recortes dos dereitos laborais. Dende a CUT sabemos ben que a folga enfocada neses termos será un fracaso, pero será o fracaso do sindicalismo vendido aos intereses do capital, en ningún caso será o fracaso da clase traballadora. Non podemos responsabilizarnos das débedas do sindicalismo pactista e descafeinado, os traballadores e traballadoras galegas temos a obriga de saíren a rúa o día 29 e demostrarlle ao capital que temos claro que o problema non é a reforma laboral, o problema é que ESTE SISTEMA NON SERVE, é inxusto para coa clase traballadora e só ten por intención reformularse eliminando os nosos dereitos e precarizando máis e máis as nosas vidas. A CUT pide a toda a clase obreira galega que tome como referencia o día 29, que esqueza a traizón sindical dos maioritarios e os deixe co seu fracaso. Dende ese día imos tomar nós, os traballadores e traballadoras, a tixola polo mango, darémoslle volta a esta derrota momentánea e comezaremos un camiño de mobilizacións e protestas que nos leven á vitoria, que non será outra que levar a este sistema a súa morte, de xeito que todas as medidas restritivas dos nosos dereitos sexan abolidas.Facemos un chamamento público a secundar esta proposta de rebelión permanente contra o capitalismo, facémolo sendo conscientes de que podemos converter este día no comezo dunha espiral que nos leve a recuperar a nosa dignidade de clase, e sendo conscientes tamén de que enfocar o 29 de setembro como un fin en si mesmo non será outra cousa que miras estreitas ou complicidade co capital. Nós estamos claros, miramos ben e somos anticapitalistas.