CONCENTRACIÓN NA DELEGACIÓN DE TRABALLO

CONCENTRACIÓN NA DELEGACIÓN DE TRABALLO

6

O mércores 16, ás 11 horas, diante de Delegación de Traballo de Vigo a CUT convoca aos seus delegados e delegadas, a toda a afiliación, a concentrarse en protesta pola Reforma Laboral que vai aprobar o goberno Zp. Seguimos demandando unha FOLGA XERAL NACIONAL para dar boa mostra de que a clase traballadora galega non vai permitir os constantes ataques do capital dirxidos a recortar os servizos públcos e a abaratar a man de obra, baixo a escusa de reducir un déficit causado pola inxección de cartos públicos para salvar a banca privada.