A REFORMA LABORAL, UN PASO MÁIS

A REFORMA LABORAL, UN PASO MÁIS

11

A nova reforma laboral abarata o despedimento, precariza o emprego da mocidade, deixa nas mans da patronal a elección do despedimento con 20 días de indemnización por causas económicas, permite saltarse os convenios por razóns económicas… e os sindicatos facendo folguiñas sectoriais e debatendo sobre se os grupos parlamentarios aceptarán ou non a reforma. É posíbel ser tan necios como para pensar que os partidos políticos do sistema iran contra as medidas que defende o sistema? É posíbel ser tan hipócritas como para deixar nas mans dos partidos o papel dos sindicatos?.Estes días é noticia o borrador da nova reforma laboral, a sexta dende o ano 1984 sen que ningunha delas servira para mellorar as condicións dos traballadores e traballadoras. As voces autorizadas -goberno, patronal e sindicatos submisos ao capital- fan declaracións grandilocuentes con expresión de sorpresa ante as reaccións do resto da mesa negociadora. Teatro do malo.Esta reforma está cociñada e servida, como leva dicindo a CUT, dende hai un ano. Esta reforma é un chanzo máis na escaleira que nos leva a un capitalismo depredador, libre de oposición, dirixido polos organismos do capital: FMI, OMC, BM, UE. Na linguaxe prostituída das “democracias” capitalistas non hai outro culpábel que os erros do mercado, ese ente abstracto, inocente e neutral que tende sempre a equivocarse en prexuizo do proletariado. Tanta inocencia cansa, identifiquemos aos culpábeis e cobremos a factura.A CUT saíu as rúas en decembro do 2008 advertindo do que se nos viña enriba, advertindo da necesidade dunha FOLGA XERAL. O pasado 27 de maio volvemos saír as rúas con esa demanda despois de iniciar un proceso de comunicación con forzas políticas e sindicais de cara á acumulación de forzas que non foi contestada por aqueles que teñen as maiorías sindicais neste país. Preguntámonos cales son os motivos que impiden a convocatoria da Folga, preguntámonos porque insisten en protestar unha vez aprobados os decretos na vez de actuar antes, preguntámonos cal é o papel destes grandes sindicatos nas mesas negociadoras, preguntámonos porque estiveron sentados nunha mesa na que se coñecía o final houbera ou non acordo. Será que aínda esperan levar algún trozo de tarta?Compañeiros e compañeiras, temos que saír as rúas e facelas ferver. Sen loita e resistencia a derrota é segura.