Elixida nova Executiva na comarca de Compostela

Elixida nova Executiva na comarca de Compostela

16

 O pasado sábado tivo lugar no local que a Central ten en Compostela a Asemblea Comarcal que puxo fin ao proceso poscongresual aberto o pasado ano. Tocaba, neste caso, renovar a Executiva Comarcal así como proceder á elección do novo Secretario.Na xuntanza, que tivo lugar ás 11 da mañá, debateuse a situación actual da comarca, dando cumprida conta do traballo sindical que se levou a cabo nestes últimos meses, nomeadamente os conflitos laborais existentes que se abordaron pola militancia sindical.Da votación saíron electos os seguintes compañeiros e compañeiras: Leo Da Cruz, Mirían Díaz, Brais González, David Iglesias, Raquel Lema, Manuel L. Besteiro, Ana Olveira, Alexandre Pereira e Manuel Tejo. Sendo posteriormente ratificado como Secretario Comarcal Leo Da Cruz que pechou o acto agradecendo a todas aquelas persoas que colaboraron nestes 10 anos de traballo sindical na comarca. Por último animou aos asistentes a colaborar e a acompañar á nova Executiva nesta etapa que se abre na Comarca.Para pechar a sesión Maruchi Álvarez, quen acudiu en representación do Secretariado Nacional xunto con Xosé L. Romero, felicitou aos membros do novo organismo e animounos a traballar nestes momentos de embate do capital contra os nosos dereitos como clase traballadora e galegos e galegas.