Nota de prensa da CUT e o STL

Nota de prensa da CUT e o STL

15

 Hoxe día 19 de maio de 2010, tivo lugar unha reunión na que participaron membros da Executiva da CENTRAL UNITARIA DE TRABALLADORES/AS (CUT) da Comarca de A Coruña, coa Comisión Executiva do Sindicato dos Traballadores da Limpeza (S.T.L.), presidiron a xuntanza Ricardo Castro Secretario Xeral da CUT, e Miguel Anxo Sánchez Secretario Xeral do S.T.L.A CUT e o S.T.L. manteñen un protocolo de colaboración e apoio mutuo, así como comparten local na cidade de A Coruña.Varios foron os temas tratados, dos que cabe salientar os seguintes:1.-Analizáronse as medidas de graves recortes ao conxunto da clase traballadora. O señor Zp, e demais goberno, quitaron a careta e abandonaron ese discurso de socialismo descafeinado co que pretendían enganar á clase traballadora. Poden explicarnos que teñen de socialistas as súas medidas? A quen lle recortan e a quen non? Algún de nós, dos traballadores e traballadoras, non está afectado? Non temos máis que recapitular: os que diciamos que a crise do sistema non tiña volta atrás non andabamos moi equivocados, mentres que aqueles que falaban de brotes verdes, e lanzaban beizóns á Unión Europea do capital, son agora os executores de medidas que podería asinar o liberal máis radical.Conxelación das pensións. Redución salarial na función pública (debemos recordar que hai moitos funcionarios que non chegan aos mil euros), atacando ao sector público mentres os nosos cartos os utilizan para tapar os buracos dos bancos. Na xubilación parcial eliminan o réxime transitorio. Eliminación do Cheque-Bebe cando o Estado español xa é o último en axudas públicas ás familias. Redución dos medicamentos. Os dependentes xa non cobrarán o tempo de espera. Diminúe a inversión pública. Descenso de ingresos a concellos (que xa están en quebra) e comunidades autónomas ao tempo que lle obrigan a asumir novos costos.Se estas medidas parecen poucas non temos máis que recordar que a REFORMA LABORAL (na que están implicados os sindicatos do sistema CC.OO. e UGT) está asinada e no caixón de saída, unha reforma que abarata o despido e agudiza a precariedade no emprego.Dende a CUT e o S.T.L. chamamos á FOLGA XERAL e participaremos activamente nas mobilizacións do vindeiro 20 de Maio. Ata onde imos aguantar? Que máis probas necesitamos para que nos demostren que os partidos políticos son escravos das ordes que lles da o Banco Central Europeo e o Fondo Monetario Internacional, precisamente os responsábeis da barbarie que estamos a vivir? Que máis probas necesitan as grandes centrais sindicais para saír a rúa nunha FOLGA XERAL?. Se agora non convocan esta folga demostrarán claramente que a clase traballadora non lles preocupa, tan só defenden unhas siglas que noutrora foron sindicais e agora son de empresas.2.- Asemade a CUT solidarízase e apoia e participará activamente na loita dos traballadores da limpeza da Empresa CESPA no Concello da Coruña, e a folga indefinida convocada para o vindeiro 25 de Maio en demanda da equiparación salarial e non discriminación por razons de xénero como esta a acontecer e do que é reflexo o laudo arbitral recentemente publicado e non aplicado até o momento pola empresa.E que procede, simultaneamente e abril expediente disciplinario ao conxunto dos membros do Comité de Empresa, o que ven a demostrar a actitude claramente represora da empresa e do seu Xerente Francisco Gallego Useros.Polo inmediato levantamento das sancións e posta en marcha do plan de igualdade xa!!Ao tempo que denunciamos a actitude do bipartito PSOE-BNG de posicionarse a favor da empresa cando se trata dunha concesión pública pagada cos cartos de tódolos veciños da Coruña.Finalmente facemos un chamamento ás AA. de VV. a solidarizarse coa xusta loita daqueles que manteñen limpa a cidade. A Coruña, 19 de Maio de 2010.  Asdo. en representación da CUTRicardo Castro (Secretario Xeral) Asdo. en representación do S.T.LMiguel Anxo Sánchez (Secretario Xeral)