25 de novembro: O acoso sexual tamén é violencia

25 de novembro: O acoso sexual tamén é violencia

12

Achegándonos un ano máis ao 25 de novembro e con el ós actos de protesta e recordo ás vítimas máis visíbeis da violencia de xénero, as asasinadas nos últimos meses. Parece que a sociedade se volve máis sensíbel cando chegan as “onomásticas” e que con acordarnos uns cantos días ao ano xa temos a conciencia tranquila ata a seguinte data.A violencia de xénero inclúe calquera tipo de ataque que se exerza contra unha muller, xa sexa físico ou psíquico e non entende de idades, razas ou clase social. Si é certo que as mulleres da clase traballadora podemos sufrir unha violencia específica, aquela que se da no centro de traballo: O acoso sexual no traballo.A concienciación de que a mal chamada “violencia no fogar” non é só un problema doméstico senón que o é de toda a sociedade cada día está máis presente en todas as campañas de sensibilización, pero segundo se pode ver nos datos o acoso sexual no traballo segue a verse como un asunto persoal e non como un problema que ten que ver cas relacións laborais, polo que se segue a esconderse e a manter en silencio.Cando falamos de acoso sexual podemos distinguir entre 2 tipos:Chantaxe sexual: cando a vítima se nega ou se somete a esa conduta e iso empregase como á hora da toma de decisións que afectan ao acceso ao emprego, formación, continuidade no posto de traballo, promoción, salario…Acoso ambiental: dita conduta crea un clima laboral intimidatorio, hostil e humillante para a vítima. Non existe unha conexión directa entre o requirimento sexual e a condición do emprego. Os acosadores tamén poden ser compañeiros de traballo ou terceiros relacionados dalgún xeito ca empresa.A Central Unitaria de Traballadores/as aposta por combater dun xeito decidido calquera tipo de acoso sexual visualizalo e apoiar as mulleres que o sofren para o que se pon a disposición das traballadoras para axudalas nunha loita que nos corresponde a todas e a todos. O machismo non pasará!!Terminaremos co terrorismo machista!!