Novo Curso e Vella Ofensiva

Novo Curso e Vella Ofensiva

9

 O curso 2009-2010 escomenzou. Un novo curso coas vellas problemáticas. O PP ao frente do goberno da Xunta, en boca do Conselleiro de Educación, afirma que este ano académico foi o que menos conflitivo resultou dos últimos tempos.A percepción para os traballadores do sector, para o estudantado, pais e nais e para a sociedade en xeral non pode ser máis oposta, mesmo para a prensa habitualmente tan dócil ou autista.Supresións da gratuidade dos libros de texto. Reducións de prazas de profesorado. Conflitividade nas Escolas de Idiomas. Peche de centros. Peche ou falla de subvencións de servizos como comedores escolares. Falla de oferta de módulos na formación profesional. Profesorado sen praza. Supresións de atencións educativas…Parece unha nova crónica, pero non o é. Forma parte da concepción que do ensino ten a dereita, e que a esquerda institucional -véxase bipartito- non foi que de mudar. A dereita está disposta a unha ofensiva maior de cara ao desprestixio do Ensino público, na consideración deste como unha realidade desfasada que de momento hai que aturar. A rede privada volve a ser mimada, máis mimada. Mesmo co descaro da volta ás subvencións aos centros concertados que segregan por sexo.Engadamos a brutal ofensiva ao noso idioma, argallada dende o neofascismo, e observaremos unha realidade que non pode ser combatida máis que coa mobilización dos sectores que estamos implicados e da sociedade en xeral.E, como traballadores do Ensino, ben cativas vemos as ferramentas do sindicalismo maioritario para enfrontar a situación actual. Demasiadas prebendas, demasiados intermediarios ben-vivintes e ben-pensantes nas organizacións do sector, que xa hai tempo que forman parte da institución como se fosen un departamento máis da Administración autonómica. Enderezo-e: ensino@cutgalicia.org