IV Congreso: Asembleas Comarcais de Vigo e o Morrazo

IV Congreso: Asembleas Comarcais de Vigo e o Morrazo

25

As distinas comarcas da Central Unitaria de Traballadores/as xa está a traballar no IV Congreso, que terá lugar en Compostela o vindeiro 28 de novembro. Coa finalidade de converter o devandito congreso nunha ferramenta democrática que axude a construir o futuro da CUT, vanse celebrar –cando menos- dúas asembleas en cada unha das comarcas da central. É de vital importancia a participación de todo o corpo afiliativo no proceso precongresual, entrando no debate e aportando ideas. O próximo día 1 de outubro, nesta web e en todos os locais, teredes a vosa disposición o relatorio oficial.En Vigo e O Morrazo xa teñen sinaladas as datas para as asembleas comarcais:VIGO: 15 DE OUTUBRO E 17 DE NOVEMBRO, ÁS 19:30 HORAS NO LOCAL SINDICAL.O MORRAZO: 30 DE OUTUBRO E 20 DE NOVEMBRO ÁS 19 HORAS NO SALÓN DE ACTOS DO “SALA SON” DE CANGAS.