Máis de 5.000 persoas mobilízanse en Cangas contra o porto deportivo de...

Máis de 5.000 persoas mobilízanse en Cangas contra o porto deportivo de Massó

11

Na tarde de onte, e convocados pola Confraría de Pescadores o Foro Social e o grupo municipal da ACE en Cangas, máis de 5.000 persoas se manifestaron en contra da construción do porto deportivo que se pretende construír ó carón da antiga conserveira de Massó. Acto que tamén foi apoiado pola CUT e ó que acudiron numerosos militantes.A marcha, á que acudiron milleiros de persoas, partiu da Alameda Vella, continuando ate o Concello e finalizando no lugar das obras, onde a semana pasada foran detidos/as pola garda civil 16 activistas en contra das obras ilegais, incluída a nosa compañeira Maruchi Álvarez. Alí en presenza de 4 gardas civís (varias dotacións de antidisturbos agardaban indicacións no porto de Aldán) se leron diferentes comunicados de apoio á mobilización e contra a construción do porto deportivo.