O Coordinador Xeral da COS acompaña á CUT nos actos do Día...

O Coordinador Xeral da COS acompaña á CUT nos actos do Día da Patria

10

Gonçal Bravo i Reig, Coordinador Xeral da Coordinadora Obrera Sindical (COS), sindicato nacional e de clase dos Països Cataláns, estivo nestas datas en Compostela para celebrar cos compañeiros da CUT o Día da Patria Galega.Así Gonçal Bravo, ademais de manter conversas cos dirixentes nacionais e comarcais da CUT, estreitando relacións entre dúas forzas nacionais e de clase de Galiza e os Països Catalans, participou nos actos de Ceivar do día 24 e na Manifestación Nacional de Causa Galiza do 25 de xullo.