A CUT foi a lista máis votada en SODEXO

A CUT foi a lista máis votada en SODEXO

9

No día de onte celebráronse eleccións sindicais na empresa SODEXO , nos centros de traballo da Cafetería do Hospital Clínico Universitario de Compostela, no Hospital Virxe da Xunqueira de Cee, na Clínica a Robleda do Pino e no servizo de comedor do Colexio A Salle de Compostela; sendo, a candidatura da CUT a que obtivo máis apoios entre os 84 traballadores que votaron nestas eleccións, aos que queremos agradecer a confianza depositada na nosa candidatura. A CUT, levaba máis de dous anos reclamando a convocatoria de eleccións sindicais na Cafetería do CHUS de Compostela, onde xa contaba con representación maioritaria en número de afiliados/as, pero ao non contar con delegados sindicais, e tras un laudo arbitral, non se podían solicitar dende a CUT a celebración dunhas eleccións; algo que se materializou onte tras a solicitude de eleccións por parte dos traballadores e as traballadoras da empresa, pero non só para este centro de traballo, senón para todos os que a empresa SODEXO ten na provincia da Coruña. A pesares de entrar outros centros, nos que a CUT non ten presenza sindical, na convocatoria de eleccións, e de que por causa do laudo arbitral, só houbese que elixir a catro dos cinco candidatos do comité de empresa, a CUT, grazas ó apoio dos traballadores e traballadoras do Clínico, foi a candidatura máis votada das catro que se presentaron ás eleccións sindicais, aínda que cada unha delas se repartise un delegado sindical.