Éxito da Folga Xeral no Sur de Euskal Herria e agradecemento

Éxito da Folga Xeral no Sur de Euskal Herria e agradecemento

12

A Central Unitaria de Traballadores/as (CUT), quere amosar unha vez máis o seu apoio a tódolos/as traballadores Vascos, especialmente ós compañeiros/as de LAB, na Folga Xeral convocada en Hego Euskal Herria, o pasado 21 de maio, e que, a pesar da desinformación dos mass media, e do boicot de UGT – CCOO, foi un éxito organizativo sen precedentes. Un 74% das empresas de Nafarroa e Euskadi pararon en maior ou menor medida, e houbo manifestacións multitudinarias en tódalas capitais. Algo que a CUT leva reivindicando para Galicia dende o pasado 18 de decembro, a convocatoria dunha Folga Xeral Nacional, foi levada a bo porto en Euskal Herria, pola unidade das organizacións sindicais nacionais do País Vasco.Os/as compañeiros de LAB de Euskal Herría (sobre todo de Nafarroa) nos mantiveron informados e agradeceron o apoio da CUT á Folga Xeral, que se materializou coa presenza de Ricardo Castro, Secretario de Organización da CUT, na rolda de prensa anterior á xornada de Folga. A continuación poñemos a carta que nos enviou Igor Urrutikoetxea, Secretario de Relacións Internacionais de LAB: Estimados compañeiros e compañeiras:Escrébovos estas liñas para dicirvos que a Folga Xeral do Sur de Euskal Herria foi un éxito. A pesar do boicot de CCOO e UGT á mesma e das distintas patronais, a pesar da des-información dos grandes medios de in-comunicación, a pesares de todo os datos son elocuentes:Máis do 53% das empresas pararon completamente.Máis do 30% do plantel parou no 74% das empresas.Á media xornada, tiveron lugar manifestacións multitudinarias nas capitais do Sur do País Vasco: 15.000 persoas en Bilbo, 10.000 en Donostia e Iruñea, e máis de 8.000 persoas en Gasteiz.A clase traballadora Vasca, mulleres e homes, saímos á rúa para denunciar a crise capitalista, e para deixar claro que as e os traballadores non estamos dispostos a paga-la crise que os grandes capitalistas e banqueiros, e as políticas de gobernos de dereitas nos deixaron.Tedes información máis completa no seguinte enderezo www.gara.net (especialmente nos apartados “afgazkiak” e “printed edition” ou “edición impresa”). Tamén podedes consulta-la web do sindicato Lab www.labsindikatua.org.Queremos aproveitar, mesmamente, unha vez máis reitera-lo noso agradecemento ás organizacións sindicais que nos mandáchedes e exprésastenos a vosa solidariedade. A todos grazas polo voso esforzo.Moitas grazas.A solidariedade é a tenrura entre os pobos!Viva a unidade da clase obreira!Igor Urrutikoetxea (Secretario de Relacións Internacionais, en nome de toda a militancia do sindicato LAB).