Declaración da reunión preparatoria do Iº Congreso Europeo da Muller Traballadora

Declaración da reunión preparatoria do Iº Congreso Europeo da Muller Traballadora

15

Unha decena de delegacións de sindicatos europeos reunidos en Cangas do Morrazo, os pasados 14 e 15 de maio, establecen unha declaración final encamiñada ó Iº Congreso Europeo da Muller Traballadora, que se vai celebrar en novembro na Cidade de Praga.Mesmamente, e dados os últimos acontecementos da represión contra 7 compañeiros/as sindicalistas da CUT, tamén denunciaron a falla de dereitos democráticos que imposibilita a participación electoral dentro do Estado español.Declaración da reunión preparatoria do Iº Congreso Europeo da Muller Traballadora. OFICINA REXIONAL EUROPEA DA FEDERACION SINDICAL MUNDIAL.Cangas do Morrazo, 15 de maio de 2009Nestes tempos estamos a sufrir unha crise global na que o sistema capitalista se está a quebrar, e demostra que, para a clase traballadora, só significa paro, precariedade e inseguridade. É por isto que as mulleres reunidas nesta xuntanza-preparatorio, defendemos e apoiamos:A necesidade de loita e mobilización en tódolos campos de actuación das nosas centrais sindicais co fin de defende-los dereitos da clase obreira ameazados pola embestida do capital. Polo que apoiamos as folgas, xornadas de loita e mobilizacións que se van a levar a cabo nos distintos países co fin de defender estas demandas.Neste senso apoiamos no proceso de eleccións ó Parlamento Europeo a aquelas candidaturas que substentan posicións en defensa da clase traballadora. Así tamén denunciamos a falla de dereitos democráticos que imposibilita a participación electoral dentro do Estado Español.Finalmente, celebramos os éxitos acadados nos traballos preparatorios do Iº Congreso Europeo da Muller Traballadora que se celebrará o vindeiro mes de novembro en Praga (República Checa).