A CUT ante a ilegalización de Iniciativa Internacionalista

A CUT ante a ilegalización de Iniciativa Internacionalista

13

 A avogacía do Estado Español ven de presentar ante o Tribunal Supremo un auto no que pide a ilegalización da coalición electoral Iniciativa Internacionalista, nun novo intento de criminaliza-las ideas, especificamente as máis combativas co actual sistema imperialista e capitalista español.Nesta candidatura electoral, concorren ás eleccións europeas varios militantes da Central Unitaria de Traballadores/as, entre os que se atopan dous membros do Secretariado Nacional da CUT: Xan Carballo, Secretario de Relacións Internacionais; e Ricardo Castro, Secretario de Organización do Sindicato. Para a avogacía do Estado, Iniciativa Internacionalista pode ser obxecto de ilegalización por “compartir fins con BATASUNA/ETA” (sic.) en aspectos tan lexítimos e propios da nosa loita sindical como a autodeterminación dos pobos ou a loita contra o capital.Así, ó camarada Xan Carballo, a avogacía do estado faino partícipe de compartir con Doris Benegas, nº2 da coalición electoral, un acto no que se pedía algo tan “ilicito” como votar NON á Constitución Europea , o que a CUT pediu abertamente durante esa campaña electoral. Mesmamente, rozando xa o absurdo e, sen deterse a mencionar os casos concretos, nin o porqué deses seguimentos ilegais e da existencia fichas policiais de carácter político , asegurase mediante informes da policía e da garda civil española, que algún dos membros da candidatura electoral, foi visto, en manifestacións coa esquerda abertzale ou foi asinante de diversos manifestos contra a ilegalización de Batasuna.Para a CUT todo isto non é máis que unha volta de torca do Imperialismo Español, a traveso dos seus principais referentes ideolóxicos PSOE e PP, que unha vez máis demostran que significa para eles a liberdade e a democracia da que tanto fan alarde, a persecución e ilegalización de todo aquilo que implique cuestionar o sistema actual.Dende a CUT queremos amosar o noso apoio e toda a nosa solidariedade proletaria cos/as compañeiros/as que sofren a represión político/policial do Estado Español e que figuran como membros da candidatura electoral Iniciativa Internacionalista, especialmente a todos/as os/as militantes da CUT. Viva Galicia Ceibe e Proletaria!Adiante a Loita Obreira!