Comunicado da CUT en apoio da folga da limpeza da Coruña

Comunicado da CUT en apoio da folga da limpeza da Coruña

12

A Executiva da C.U.T solidarízase e apoia a loita dos traballadores da limpeza da Empresa CESPA no Concello da Coruña, en folga indefinida en demanda do mantemento dos postos de traballo e fronte a reestruturación e variación das condicións de traballo recollidas no Convenio Colectivo. Ao tempo que denuncia actitude do bipartito PSOE-BNG de non intervir cando se trata dunha concesión pública pagada cos cartos de tódolos veciños da Coruña. Así mesmo facemos un chamamento ás AA.de VV. a solidarizarse coa xusta loita daqueles traballadores que manteñen limpa a cidade. Asemade, a CUT quere facer un apoio expreso ó Sindicato de Traballadores da Limpeza (S.T.L.) maioritarios no Cte. de Empresa denunciando a actitude impresentábel de CC.OO. U.G.T e C.I.G, pregadas ó sistema e á patronal como quedou demostrado publicamente co seu comunicado en apoio da dirección de Cespa e polo tanto en contra dos intereses dos traballadores e das súas posicións de loita, con apelativos tales como que os traballadores forzan métodos “fascistas” e non ven necesaria a Folga, sendo esta convocada pola maioría dos traballadores en Asemblea. Queremos salienta-la nosa posición con claridade fronte unha situación de crise do capital que está provocando miles de despedimentos, Eres… e recortes nos dereitos laborais e sociais da clase traballadora non quedando máis camiño que a loita obreira e avanzando á Folga Xeral en Galicia.