Xoves, día 5, folga no sector naval

Xoves, día 5, folga no sector naval

16

O vindeiro xoves, día 5 de febreiro terá lugar Folga do Sector Naval en solidariedade cos catro traballadores que van ser xulgados ese día, no Xulgado do Penal nº 1 de Vigo. O xuízo fora aprazado o pasado 6 de novembro de 2008.A Fiscalía solicita penas de catro anos de prisión para cada un dos acusados: Emilio Docampo, Iván Piñeiro, Xosé García e Daniel Cascallar, ademais da indemnización solidaria de máis de 8000 euros, imputándolles os delictos de danos e desordes públicos.Ás 7 da mañá, os traballadores concentraranse nas portas dos estaleiros para máis tarde saír en manifestación polas rúas de Vigo ata o Xulgado. Para a CUT, o procesamento deste catro compañeiros e sobre todo a desmesurada petición de pena, susténtase nun escandaloso impulso político para tratar de amedrentar a todo un modelo de acción sindical. Desde calquera punto de vista, incluído o xurídico, é inaceptable o castigo na persoa de catro, o que en calquera caso realizaron catro mil.No marco desta xornada de solidariedade e loita no Sector Naval, organizada pola nosa central sindical, ese mesmo xoves, día 5 ás 17´30 horas, vai ter lugar unha CHARLA-COLOQUIO na sede da CUT (Rúa Policarpo Sanz, 22-2º) onde participarán CANDIDO GONZÁLEZ CARNERO e JOSE MANUEL MARTÍNEZ MORALA, traballadores de NAVAL GIJON procesados e condenados a tres anos de cadea, por defender a continuidade da actividade do seu estaleiro.