A CUT asiste ó 25 congreso da Federación Nacional Chipriota do Traballo...

A CUT asiste ó 25 congreso da Federación Nacional Chipriota do Traballo (PEO)

21

Invitados pola Federación Nacional Chipriota do Traballo (PEO), Xan Carballo, Secretario de Relacións Internacionais da CUT, asiste o seu 25 Congreso que tuvo lugar en Nicosia do 20 ao 22 de Novembro. O Congreso contou con unha participación de 1.200 delegados e coa asistencia de numerosas organizacions internacionais. Cabe destacar a intervención de Pambil Kyrisis, Secretario Xeral de PEO e de George Mavrikos, Secretario Xeral da F.S.M., asi mesmo no acto de clausura contamos ca presencia do Presidente da República de Chipre Sr. Dimitris Christofias.Desde a CUT saudamos que as conclusións do Congreso sirvan para o avance da clase obreira chipriota e unímonos a súa loita por un Chipre unificado, en paz e pola retirada das tropas de ocupación turcas.O Congreso veu precedido o día 19 por unha Conferencia Internacional sobre o tema A inmigración na era da globalización e o papel do movemento sindical, na que presentamos a seguinte valoración do fenómeno migratorio en Galicia: 

Queridos camaradas e amigos, queremos agradecer á Federación Nacional Chipriota do Traballo (PEO) por invitarnos a esta Conferencia e ao seu Congreso.

“Galicia é un país afectado pola emigración dunha maneira dramática. As condicións económicas derivadas da política colonial española fixeron que a nosa terra, rica en recursos, sufrirá auténticos éxodos de poboación nos séculos XIX e XX. Estas ondas migratorias tiveron sempre dous focos de expansión, por unha banda os dominios do estado español e por outra as fronteiras doutros países.

No século XIX a emigración céntrase en América, mentres que nos anos 60 e 70 do século XX os emigrantes elixen Europa coma destino de traballo. Estas “eleccións” non son arbitrarias, senón que obedecen ás necesidades forza de traballo procedentes destes continentes en momentos históricos diferentes.

A emigración dentro do estado español prodúcese cara aquelas zonas onde a industria tiña máis peso, ben Euskadi ou ben Cataluña, o que non implica que non houbese outros destinos coma Madrid (onde o sector servizos absorbía moito man de obra).

A esta emigración hai que engadir un terceiro elemento, o traslado de poboación dende o interior (de economía rural) cara as zonas máis industrializadas da costa.

As consecuencias xerais destes procesos migratorios son de dous tipos:

a.- Socioeconómicas: descenso de poboación rural e da súa actividade económica, envellecemento da poboación, perda de man de obra (cualificada e non cualificada) para o desenvolvemento de Galicia, ingresos procedentes da emigración investidos fóra de Galicia, aprazamento dunha resposta ás necesidades de Galicia…

b.- Político culturais: quebra da conciencia e da identidade nacional galega, perda de tradicións culturais galegas para moitas xeracións de galegos e galegas, auxe dun nacionalismo e sentimentos galegos alén das nosas fronteiras…

O “mapa” migratorio cambia dende os anos 90 do século XX. Seguen a existir a emigración fóra do estado español (xa nuns índices baixos) e a emigración dentro dese estado; pero agora prodúcese un novo fenómeno, especialmente acentuado no que vai de século XXI, que consiste na recepción de emigrantes. En moitos casos trátase de retornados que veñen coa xubilación na man, pero as sucesivas crises nos países americanos fixo que viñeran a buscar traballo os descendentes de aqueles galegos e galegas que no seu día fixeron o camiño inverso. Ei-lo paradoxo. Galicia tampouco é allea ás ondas migratorias que chegan dende os países máis castigados polo capitalismo global, é dicir, o chamado terceiro mundo.

En conclusión: nos últimos vinte anos pasamos de ser un país de emigrantes a ser un país no que chegan máis dos que se van, e os que chegan pasan as mesmas necesidades, penurias e precariedade que pasaron os galegos da diáspora.

O Movemento sindical internacional debe continuar a súa loita solidaria pola igoaldade o progreso e a xustiza social.”