Este sistema non serve!, a CUT reúne a 400 manifestantes en Vigo

Este sistema non serve!, a CUT reúne a 400 manifestantes en Vigo

12

A Central Unitaria de Traballadores/as (CUT) reuniu esta noite polas rúas de Vigo arredor de 400 manifestantes baixo o lema Este sistema non serve, mobilización! para protestar contra a coartada da crise capitalista que se está a empregar contra a clase traballadora.A concentración, na que tamén participaron outros colectivos como ADIANTE ou Precarias en Luita , partiu ás 8 da tarde da Vía Norte, e transcorreu sen incidentes polo centro de Vigo, ate o seu remate na Porta do Sol, onde Ricardo Castro, Secretario Comarcal de Vigo, leu un comunicado en nome da CUT.