Traballadores de Medio Ambiente concentráronse ante a Consellería esixindo negociación colectiva

Traballadores de Medio Ambiente concentráronse ante a Consellería esixindo negociación colectiva

13

Unha vintena de traballadores e traballadoras de Medio Ambiente das Provincias da Coruña e Pontevedra concentráronse esta mañá, convocados pola CUT, ante o edificio central da Consellería de Medio Ambiente, fortemente custodiado por varias dotacións da policía autonómica, para protestar polas negociacións mantidas pola Consellería con interlocutores sindicais sen representación no sector, e nas que pretenden modificar as condicións laborais do Persoal Laboral da Consellería, sen contar cos traballadores/as nin cos seus representantes elixidos para formar parte dos comités de empresa.Os traballadores, case todos Vixilantes de Recursos Naturais, que se atopaban no seu día de descanso, despregaron unha pancarta na que se podía ler o seguinte texto: “Noso futuro decidímolo nós – Reclasificación xa, funcións as mesmas”.Xermán García e Álvaro Moraña, responsables da CUT no sector na Coruña e Pontevedra, respectivamente; accederon ao interior da Consellería, custodiados pola policía, para dar conta das reivindicacións dos traballadores e traballadoras de Medio Ambiente, a traveso dun escrito dirixido ao Secretario Xeral da Consellería.A CUT non descarta, de non facer caso das nosas reivindicacións, outros actos de denuncia así como novas mobilizacións do Persoal Laboral de Medio Ambiente.