Ademais da inflación, sobe a taxa de paro e o Euribor

Ademais da inflación, sobe a taxa de paro e o Euribor

9

Avanza a crise económica e vanse debullando os datos indicadores da mesma. A máscara manipuladora dos gobernantes vaise caendo, deixando a vista datos que confirman a realidade devastadora para os traballadores e para o pobo.O Euribor acadou o seu máximo histórico no mes que acaba de rematar, situándose no 5´393%, despois de cinco subas consecutivas nos meses que lle precederon. O Euribor é un dos mecanismos (non o único) do Banco Central Europeo para harmonizar o pastel económico- financieiro da economía na Zona Euro, e comezou a operar no ano 1999.A devandita suba ven a significar unha vez máis, unha volta de torca a economía de miles de familias traballadoras que viven afogadas polas hipotecas da vivenda ou polo préstamos dos usureiros da Banca. Este máximo histórico pode supoñer, nin máis nin menos, que unha hipoteca media de 160.000 euros, véxase incrementada a súa amortización na franxa de 930 a 1000 euros o ano.Doutra banda tamén se fixo público pola Oficina Estatística da Comisión Europea (Euroestat) e recoñecido polo propio Goberno, que a taxa de desemprego no Estado Español, acadou o 10´7 %, dándose por seguro que rematará o ano 2008 superando o 12% e o vindeiro 2009, o 14%. Con este novo dato na man, vense a confirmar que o Estado Español encabeza a lista de países coa taxa máis alta de desemprego de Europa, superando a Eslovaquia (10´3%), Grecia (7´8%) e Hungría (7´6%).Namentres é bo coñecelo, a media salarial negociada polos chamados sindicatos maioritarios nos Convenios Colectivos para o presente ano, segue a baixar o poder adquisitivo dos traballadores, situándose aproximadamente no 1´3 %., que sumado a que os produtos de primeira necesidade incrementáronse sobre o 17´6%, a radiografía final é escalofriante.Como se ten dito, a realidade de crise económica non so se explica, ca versión oficial: prezo do petróleo e derrube do sector do ladrillo. A explicación hai que buscala máis alá, en razóns estruturais do propio sistema capitalista que acaba devorando as súas propias regras. E o que é máis grave; a crises vámola pagar unha vez máis os traballador@s.