Represión laboral: os sindicatos CIG, CCOO e UGT reúnense coa CUT

Represión laboral: os sindicatos CIG, CCOO e UGT reúnense coa CUT

7

O día 23 de xuño a CUT dirixiuse por escrito ós sindicatos CIG, CCOO e UGT, reclamándolles a celebración dunha xuntanza, para abordar conxuntamente a problemática surxida a raíz do procesamento de catro traballadores do sector naval de Vigo, pola súa participación na Folga que tivo lugar o mes de maio do ano 2007.No día de onte, pasado case un mes, por fin se celebrou a xuntanza coa participación dos máximos dirixentes do sector metal dos sindicatos chamados maioritarios. Vista a xuntanza celebrada, pensamos que foi unicamente polo compromiso e as preguntas que se están a facer moitos compañeiros nos estaleiros.Como se ten informado, ós compañeiros: Daniel Cascallar, Ivan Piñeiro, Emilio Docampo e Xosé García, a policía e o fiscal impútalle a participación nos incidentes nas rúas de Vigo, na devandita Folga. Polos cales se lles ven a solicitar unha pena de catro anos de prisión a cada un deles e o depósito inmediato de máis de 8.000 euros como fianza solidaria.O plantexamento que se transmitiu desde a CUT foi o seguinte:

  • Enfrontar o fenómeno da represión conxuntamente.
  • Realización dunha colecta de solidariedade entre os traballadores do naval.
  • Anunciar a convocatoria de Folga de todo sector naval, o día do xuízo.

A resposta xenérica dos sindicatos maioritarios foi esperpética:- Non imos a custionar o Estado de Dereito.- Non é o momento oportuno, xa que hai máis compañeiros encausados.- Cada sindicato que pague ás multas ou sancións dos seus afiliados.- Non compartimos determinadas actuacións.- Imos confiar nas negociacións a nivel político e non fagamos ruído que poida molestar a Xuíces e Fiscais.O resultado está á vista. A CUT vai retomar na semana que ven novas alternativas e iniciativas para enfrontar este grave problema. Queda ben claro cal é a posición dos sindicatos e lembramos as palabras dalgúns durante os acontecementos na Folga: “non imos deixar tirado a ningún compañeiro represaliado”.