Primeiras xornadas de cine pola memoria histórica

Primeiras xornadas de cine pola memoria histórica

17

Durante os meses de Abril e Maio, estanse a celebrar no Auditorio de Cangas do Morrazo as primeiras xornadas de Cine pola Memoria Histórica, organizadas polo Colectivo pola Memoria Republicana do Morrazo, Cangas pola Memoria Común e a Sociedade Galega pola República; e nas que colabora tamén a Concellaría de Cultura do Concello de Cangas.As proxeccións que comezaron o pasado 13 de abril coa película Santa Liberdade de Margarida Ledo Andión, se celebrarán tódolos domingos ás 20hs., finalizando o vindeiro 4 de maio. Durante estes días se proxectarán as seguintes longametraxes:Domingo 20 de abril: Manolo Barros, un rebelde de aceiro de Cuchi Carreira e Gonzalo Amoedo e Cólera de Manuel Forcadela e María Xosé Queizán.Domingo 27 de abril: Liste, pronunciado Lister de Margarida Ledo Andión.Domingo 4 de maio: Exílios de Xan Leira.