Polo noso dereito a decidir, pola nosa independencia!

Polo noso dereito a decidir, pola nosa independencia!

13

Como cada 8 de marzo, as mulleres traballadoras de todo o mundo, saímos a rúa lembrando ás compañeiras que desde o século XIX ata os nosos días loitaron polos nosos dereitos, mesmo perdendo a vida. Na súa memoria collemos o seu relevo e continuamos coas súas reivindicacións, posto que aínda co paso dos anos, seguimos a ser vítimas do patriarcado, aliado inseparábel nesta etapa histórica, do capital.Vimos de ver como en pleno século XXI á muller séguenselle a negar dereitos básicos como os reprodutivos, sufrindo unha auténtica caza de bruxas que lembra a outros tempos. A muller traballadora galega segue sen ter a mesma igualdade que o home á hora de acceder a un traballo. Seguimos a ser máis de 38.000 desempregadas máis que os homes e os nosos empregos son máis precarios, soportando as taxas de temporalidade máis altas xunto co maior número de contratos temporais. Unha vez dentro do centro de traballo os salario femininos seguen a ser inferiores aos masculinos e atopámonos co chamado teito de cristal á hora de promocionar. A nosa realidade fai que sexamos o eslavón máis débil da cadea.No ámbito privado a muller segue a facerse cargo da maior parte do traballo no fogar, sufrindo extenuantes xornadas de traballo que aumentan en 4 horas as realizadas no centro de traballo. O coidado de menores e anciás segue a recaer sobre os nosos lombos posto que, a parte da falta de colaboración froito dunha educación machista, as prazas nas gardarías e nos centros de día son escasas e as veces inexistentes. A entrada en vigor das leis de igualdade e de dependencia non fan máis que perpetuar a nosas labores de coidadoras, sen alumear apenas cambios na situación real das mulleres traballadoras.No caso das mulleres que pertencemos a nacións sen estado, esta opresión intensifícase, posto que nos vemos sometidas a unha tripla explotación: como mulleres, como traballadoras e como galegas, ao vernos privadas de exercer o noso dereito democrático a autodeterminación.Dende a Central Unitaria de Traballadoras (CUT) un ano máis queremos chamar as mulleres da clase traballadora galega a saír a rúa e participar nas mobilizacións feministas que un ano máis, e aínda coincidindo coa chamada “xornada de reflexión”, se van a levar a cabo por todo o País, co fin de facernos escoitar e esixir o noso dereito a decidir como mulleres, como traballadoras e como galegas. VIVA O 8 MARZO!!MULLERES LIBRES NA PATRIA LIBERADA!! DENDE A CUT CHAMAMOS A PARTICIPAR NOS ACTOS PROGRAMADOS PARA O DÍA 8 DE MARZO POLA MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES NA GALIZA.