Manifestación en Corrubedo: Non ao plano acuícola da Xunta

Manifestación en Corrubedo: Non ao plano acuícola da Xunta

9

A Central Unitaria de Traballadores/as (CUT) quere facer un chamamento a tódolos seus afiliad@s á participación, así como trasladar á opinión pública galega o seu apoio á Marcha Nacional contra o Plano Acuícola da Xunta que se celebrará o vindeiro domingo 4 de novembro en Corrubedo.Así pois, dende a CUT, amosamos o noso máis firme rexeitamento ao chamado Plano Sectorial Acuícola que, dende o goberno actual, non é máis que unha continuación das políticas neoliberais de anteriores gobernos na defensa das grandes corporacións económicas e en detrimento da vontade dos e das cidadáns de Galicia e do noso medio natural.Pretender que a instalación de macroplantas de produción de peixe se contemple como de interese público, cando a súa construción levaría aparellada a destrución ambiental de grande parte da costa sen beneficiar o máis mínimo á sociedade galega, é simplemente unha falacia. Este Plano Acuícola, non contempla á maior parte do tecido productivo tradicional de Galicia neste sector. Así pois, o marisqueo flote e a pé, o sector bateeiro ou a pesca tradicional, non só non serán beneficiados por este plano, senón que serán, unha vez máis, os grandes prexudicados.