CUT non asinará o Convenio de FRINOVA, S.A.

CUT non asinará o Convenio de FRINOVA, S.A.

14
SONY DSC

A Central Unitaria de Traballadores/as (CUT), a traveso da súa representación no Comité de Empresa, non asinará o Convenio de FRINOVA, S.A., ao considerar que se está a facer de costas aos traballador@s. A empresa FRINOVA, S.A. de Porriño, que conta cunha plantilla media de 250 traballador@s, dedícase a fabricación de precociñados e pertence ao Grupo Pescanova. A dinámica sindical dos sindicatos CCOO, UGT e CIG nesta empresa, levou a facer desaparecer a práctica asemblearia, asinando Convenios ano tras ano, sen contar coa participación e coñecemento dos afectados. A CUT a través da súa representación no Comité de Empresa, ten reiterado a necesidade e a obriga ética da celebración de asembleas para preparar a negociación colectiva. A día de hoxe cun Preacordo do Comité de Empresa coa Dirección, a maioría do Comité pretende asinar unha vez máis ás costas dos traballador@s. Neste caso a actuación sindical cobra unha especial importancia, xa que, a Dirección pretende utilizar este Convenio cun incremento salarial do 3,7 % sen revisión, como teito das demais negociacións pendentes nas outras empresas do Grupo: Pescanova Chapela, Frigodís, etc.