A Inspección de Traballo de Pontevedra négalle á CUT información sobre o...

A Inspección de Traballo de Pontevedra négalle á CUT información sobre o Sector Metal

13

Desde o remate da Folga do Naval de Pontevedra, o pasado mes de maio, a CUT tense dirixido por escrito á Inspección de Traballo, solicitando diversa información relativa ó cumprimento do Convenio Colectivo. Algo que dende propia Inspección de Traballo de Pontevedra se lle está a negar de forma sistemática.Concretamente os escritos foron rexistrados o 7 e 21 de xuño, e hoxe día 25 de setembro, o noso sindicato volve a reiterar a petición por terceira vez. En tales escritos, vimos a requirir á Inspección, para que certifique datos tan elementais como:

  • Listado de Empresas do Sector Naval da provincia de Pontevedra.
  • Listado de Empresas cumpridoras do art. 8 do Convenio Colectivo.
  • Mecanismo de cálculo para establecer a plantilla media das empresas.
  • Listado de empresas inspeccionadas desde a sinatura do Convenio.

Como é sabido, a Folga convocada o pasado mes de maio, tiña como obxectivo o cumprimento do Art. 8 do Convenio Colectivo, que establece as porcentaxes de fixos en cada empresa. Pois ben, os datos solicitados, básicos, para poder saber sobre o nivel de cumprimento das empresas, seguen sen ser entregados pola Inspección.O máis escabroso é que, a Inspección si lle entregou ditos datos aos sindicatos chamados maioritarios, a pseudo-razón é o nivel de representatividade, pero o máis patético é que tamén llos está a negar ao Comité de Empresa de “Nervión Montajes” os datos relativos á esa razón patronal.Non será por que a maioría sindical é da CUT?Esta é a Liberdade sindical que consagra a Constitución Española.