A CUT esixe a homologación das titulacións pesqueiras

A CUT esixe a homologación das titulacións pesqueiras

10
BAR02. BARBATE (CÁDIZ), 06/06/08.- La flota pesquera del puerto de Barbate ha parado hoy uniéndose a la flota de arrastre en protesta por el alto precio del gasóleo. En la imagen, un pescador cose las redes este medidóa frente a los barcos atracados en el muelle pesquero de Barbate en Cádiz. EFE/Jorge Zapata

Non haberá innumerables problemas laborais no sector pesqueiro, que agora engádese outro máis. As autoridades namibias, véñenlle a esixir aos traballadores galegos con titulacións (patróns, capitáns, mecánicos…, que na actualidade son os únicos que traballan naqueles mares), que teñen que acreditar as súas titulacións en inglés, pois as que dispoñen son en galego e español.Este novo problema que lle pode afectar a cerca de douscentos traballadores, e que debera ser un problema burocrático a resolver cun trámite político desde a Consellaría de Pesca, estase a eternizar afectando gravemente ós traballadores, que desta maneira non poden ser embarcados. Hai que denunciar o dobre xogo das patronais afectadas, que en vez de poñer énfase na solución do problema, estanse aproveitando del para desfacerse de man de obra galega, substituíndoa por traballadores namibios, moito máis baratos.Haberá en todo isto, o que lle saque punta ó tema do idioma, cando o lóxico e normal sería que; ditas titulacións foran feitas en idioma galego e en idioma inglés, dada a realidade laboral crecente das empresas mixtas e bandeiras de comenencia, onde o inglés é o internacionalmente recoñecido.