Convenio laboral PROCSA 2007-08

Convenio laboral PROCSA 2007-08

19

O Comité de Empresa de PROCSA (Productos Congelados S.A. Sárdoma-Vigo), composto por seis compañeiros/as da CUT dos nove membros que o conforman, ven de asinar o pasado mes de xullo o novo convenio para os anos 2007-08, ratificado agora pola autoridade laboral da Xunta. Sabemos que hai moito que facer pero o convenio asinado xa foi un paso adiante, sobre todo tendo en conta a situación de complicidade de intereses mantida entre a empresa e os comités da UGT que antes de chegar a CUT existían. Aproveitamos a ocasión para darlle o noso agradecemento a todos os traballadores e traballadoras de PROCSA pola súa paciencia durante a negociación.