Un novo traballador morto no Carballiño

Un novo traballador morto no Carballiño

15

A nova traxedia laboral acontecida hoxe 7 de setembro, volve a poñer de actualidade mediática o que tristemente é actualidade tódolos días no mundo do traballo. Si, o chamado “accidente” nun viaducto do AVE no Carballiño, que deixa como resultado un compañeiro morto e catro feridos, pola súa espectacularidade é noticia, pero hoxe mesmo tiveron lugar catro accidentes laborais máis de carácter grave; en As Neves, Taboadela, Carballo e Sarria.Que está pasando no mundo do traballo? Simplemente é a expresión nidia da depredación capitalista. Prevención de Riscos inexistente, subcontratacións constantes legais e ilegais, emprestamento laboral e látego, para miles de traballadores e traballadoras chantaxeados por un contrato en precario ou pola hipoteca.Ás autoridades só lles preocupa o AVE, e aquí unha vez máis non vai pasar nada. As chamadas autoridades xudiciais lavaranse as man, ao fin e o cabo, a culpa é dos traballadores por meter as narices onde non debían. Aínda estamos esperando polas actuacións ao respecto do último compañeiro morto no Sector Naval en Vigo.Este é o verdadeiro terrorismo laboral, estes son os verdadeiros asasinatos legais que so se poden contestar con rebeldía e mobilización. Ata cando? HAI QUE PARAR A ACCIDENTABILIDADE E A FARSA DOS CULPÁBEIS.