A CUT esixe que Asientos de Galicia SL prescinda da asistencia concertada...

A CUT esixe que Asientos de Galicia SL prescinda da asistencia concertada coa Mutua Universal

10

Como ben é sabido polos distintos medios de comunicación, durante os meses de xullo e agosto iniciouse a investigación da Mutua Universal por malversación de fondos da seguridade social. Si ben o proceso ten a súa orixe na Delegación de Barcelona, entendemos que tal situación pode afectar a tódolos traballadores e traballadoras suscritos a esta Mutua. Dende a CUT esiximos que a empresa aclare até onde está implicada a Mutua, e o facemos a sabendas de que o Grupo Faurecia ven insistindo no cumprimento dun Código Ético para todos aqueles que formamos parte do seu organigrama de traballo. Do mesmo xeito que se imprantan unha serie de procedementos para aclara-las situacións conflictivas ou de abusos nas que se poden ver implicados/as os empregados e empregadas, queremos que neste caso da Mutua exista, por parte da empresa, un procedemento transparente que aclare as responsabilidades. Chegado ao extremo coñecido da actuación da Mutua Universal, dende a CUT vimos a esixir de Asientos de Galicia, o remate inmediato da asistencia concertada con esta. Non é que creamos en mutuas boas e malas, pero a actuación desta traspasou os límites admisibles. Así mesmo a CUT quere lembrar que, aínda que teñamos conseguido a expulsión do médico, os traballadores teñen que seguir loitando por lograr un servizo médico digno que responda ás necesidades e demandas de todos os/as traballadores/as.