Concentración en Pontevedra en apoio a dous traballadores represaliados

Concentración en Pontevedra en apoio a dous traballadores represaliados

24

Hoxe, luns 13 de agosto de 2007, entre as 10 e as 12 da mañá, un grupo de traballadores e traballadoras da Consellería de Medio Ambiente, así como delegados sindicais da Central Unitaria de Traballadores/as (CUT), concentráronse ás portas do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Pontevedra (Rúa Benito Corbal nº47), en apoio dos compañeiros expedientados, Álvaro Moraña Fontán e Pablo Sierra Abraín. Os dous traballadores e delegados da CUT estiveron acompañados na súa declaración polo Secretario Xeral da CUT, Manolo Camaño.A apertura dun expediente disciplinario por falta moi grave, algo que de prosperar podería causar o despedimento dos traballadores, foi o motivo da concentración que coincidiu coa declaración dos compañeiros Álvaro Moraña e Pablo Sierra ante a instructora do caso.A CUT considera que á marxe dun proceso viciado e cheo de erros de forma, nos atopamos, neste caso, cunha clara persecución sindical, dada a ineptitude para afrontar a xestión do persoal polo Secretario Xeral da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, D.Jorge A. Santiso Blanco, principal instigador desta persecución.O feito de que a CUT, forza sindical maioritaria entre o Persoal Laboral desta Consellería, leve tempo denunciando as irregularidades en materias laborais (horarios, aplicación do convenio, prevención de riscos…) e que dende a Consellería se neguen a negociar as condicións laborais cos lexítimos representantes dos traballadores, así como a falla de diálogo por parte da Consellería, é o detonante deste caso concreto, no que se ameaza a dous traballadores co despido, sen motivo algún, simplemente para que sirva de escarmento a todo aquel que ouse discutir a pésima xestión de persoal que se leva a cabo en Medio Ambiente, onde se obvian os dereitos básicos dos traballadores, establecidos no Convenio Colectivo ou na Lei de Prevención de Riscos Laborais.