Saen da cadea os sindicalistas da C.S.I. de Asturies Cándido e Morala

Saen da cadea os sindicalistas da C.S.I. de Asturies Cándido e Morala

13

Os dirixentes sindicais de Naval Gijón, e da Corriente Sindical de Izquierdas (C.S.I.), Cándido González Carnero e José Manuel Martínez Morala, saíron da cadea de Villabona, para pasar a situación de terceiro grado.Os sindicalistas, foran condenados pola Audiencia Provincial de Asturias, a pena de tres anos e a indemnización de máis de 5.000 € ao Ayuntamiento de Gijón, nun proceso de marcado carácter fascista, para escarmentar a traxectoria de entrega e mobilización do colectivo de Naval Gijón, á C.S.I. e nomeadamente aos compañeiros, Cándido e Morala.Desde a CUT vimos a renovar, a nosa solidariedade cos compañeiros.